viernes



Deixarse levar, vivir
Non existen xa,  marcas nesta carne xeitosa, non aparecen maritrios infrinxidos na procura dunha percepción paralela á que designaban aqueles que posuían o poder alienante e obstructor.
Esquecemento agradable, ése que resulta consciente, do que se pule, do masticado, unha e outra vez ata que se volta insípido.

EVOLUTION

Transmutación de organismo, ósos recubertos, envoltura axeitada...
nun lugar esquencido da xeografía medra a vida entre pulseiras de metal traballado sembradas nun momento de inflexión, entre o caos da expulsión...
terra, arame, auga doce que percorre as meixelas dun sentemento desposuido, brota, xermina unha marabilla de natureza salvaxe, indómita, fermosa... entrelazada. Semente metálica dun novo proceso, do aire que enche os pulmóns, axitando o ser... Orestes.

A domesticación é a primeira fase da escravitude.




jueves

One blood one source


 Voltei volvoreta



Tardei tempo en vir por estes lares, tanto, que xa nin me lembraba de cómo se publicaba...
exposición / sentimento extrano / repetición / sen remordementos...

Sinte a túa respiración, para
non, en serio,
sinte a túa respiración...
disfruta deste momento de intimidade, de presenza corpórea neste mundo de espectros
de vidas vividas sen realidade
párate
respira
sinte
aquí
estás
so




*non hai pasado xa... soamentes un hoxe e un [desexado] mañá




lunes

Gold precious?







Que extrana sona a miña risa despois de tanto tempo
parece un  eco  irreal
fora do meu corpo
formando un estourido  rimbombante
e ese eco segue a sentirse no meu interior
notando as vibracións coma pequenas ondas concéntricas
coma un mar que se mece dentro
despois de rompe-la onda

Din que unha vez tocado fondo non queda máis sentido que subir
que non hai outro ¿? camiño,
eu descubrín, ou mellor dito redescubrin, que sí que hai
o de permaneceres a escuras.

Sempre me vanagloriei do meu bo sentido instintivo na escuridade
será porque a palpei en milleiros de sensacións e sentin
tanto o seu tacto húmido e tenebroso asfixiante
coma esa plenitude maxestuosa e libre.

Pois sigo nesa escuridade húmida,
esa que oxida de maneira profunda
en diversas capas
profundizando
devorando ca sua fermosa lentitude...
pois xa esa humidade vaise secando
mudando pouco a pouco
con minúsculos pasos
oxidando


deixarse levar é a mellor sensacion posible
é vivir, komo diría Zorba.


Acabando cas derrotistas e cobardes visións nihilistas,
sin dogmas de tradicións orientais,
démoslle unha oportunidade a este ser vivo,
de materializarse

Aprendendo a escoita-los Libres dos demáis
aprendendo, de novo,
a escoita-la vida
o mundo,
o tremer vital.



*respiramos
** hoxe déronme un agasallo sanador





sábado

Are you there?




Mental torture



Bandas sonoras profundas, arraigadas, entrelazadas nunha maraña de retorcidas vivencias.
Non hai alas desplegadas, nin hai voos rescatadores, evasivos..

A tristura afianzouse como compañeira de viaxe mentres os que estaban desapareceron nun silencio eterno.... e eu.
Eu, imaxe irrecoñecible no espello traidor de difusos reflexos coñecidos, e eu? 

Eu desintegrada, desvanecida, evaporada...  non hai presenza desta carne abrigadora de ósos, e éstes só se sinten como unha leve letanía de ecos articulados.

Non existo, non son.
Adorable imperfección. 
Mecanismo eterno de beleza inalcanzábel.


Sutileza imperceptíbel para mentes primarias... que susurran camufladas en aquelarres inquisidores, envidiando a singularidade do esplendor, disimulando así a súa opacidade cotidiana...

Mentes acomodadas nun presente difuso, sen chispa que brote máis alá dos artificios xa aprendidos a base de repeticións máis ou menos gratificantes de necesidades e placeres básicos cubertos, emponzoñados e disfrazados nun halo de estabilidade de noites solitarias con alentos cercanos, seguridade ficticia que evita o desface-lo nudo para ter que atopar outra boa lazada...

Mentes afables de artes maquiavélicas, ofidios glorificados de tintes azuis que gotean sin cesar nun martirio orgánico indoloro, lentamente, traspasando coa súa forza constante as barreiras óseas receptoras...

Mentes baleiras, grabadoras de discursos de elocuencias apabullantes...  

Mentes que non se miran ó espello, ese retrato traidor do reflexo que cada un constrúe segundo o medo que teñan de ver na oscuridade...








Jail




... e non miran o que hai dentro



Palabras vacías, miradas ardentes, pensamentos insurxentes...
fartura de esperas eternas, de penélopes desfacendo telares
de oráculos racionais, de confabulacións astrais.

Rebeldía de raza,  rasgando carne efímera.
Cabezas cortadas con follas afiladas, fermosa tortura mental. 

Descargas neurosensoriais, martirios inflinxidos con precisión.
Sentimentos prostituidos, cobardías disfrazadas de estabilidades emocionais.


Imaxes difusas, lembranzas que estoupan con pequenos chasquidos incomprensibles.Emocións que burbuxean arrasando as montañas construidas polo tempo. Contraposicións irracionais...

Crueldade vestida de espera, de procesión onde se repoñen as almas rexeitadas.
Non pertenzo a ningún rosario de humanidade.
non formo parte dos enganos, das reservas, das probabilidades...
non paso ningunha puntuación...

Mírate diante do espello, estanca a túa vida neste presente efímero.
Prefiro seguir durmindo e soñar con algo mellor co que ves tí no teu reflexo...






*demasiada materia prima para degustar como complemento