sábado

Are you there?




Mental torture



Bandas sonoras profundas, arraigadas, entrelazadas nunha maraña de retorcidas vivencias.
Non hai alas desplegadas, nin hai voos rescatadores, evasivos..

A tristura afianzouse como compañeira de viaxe mentres os que estaban desapareceron nun silencio eterno.... e eu.
Eu, imaxe irrecoñecible no espello traidor de difusos reflexos coñecidos, e eu? 

Eu desintegrada, desvanecida, evaporada...  non hai presenza desta carne abrigadora de ósos, e éstes só se sinten como unha leve letanía de ecos articulados.

Non existo, non son.
Adorable imperfección. 
Mecanismo eterno de beleza inalcanzábel.


Sutileza imperceptíbel para mentes primarias... que susurran camufladas en aquelarres inquisidores, envidiando a singularidade do esplendor, disimulando así a súa opacidade cotidiana...

Mentes acomodadas nun presente difuso, sen chispa que brote máis alá dos artificios xa aprendidos a base de repeticións máis ou menos gratificantes de necesidades e placeres básicos cubertos, emponzoñados e disfrazados nun halo de estabilidade de noites solitarias con alentos cercanos, seguridade ficticia que evita o desface-lo nudo para ter que atopar outra boa lazada...

Mentes afables de artes maquiavélicas, ofidios glorificados de tintes azuis que gotean sin cesar nun martirio orgánico indoloro, lentamente, traspasando coa súa forza constante as barreiras óseas receptoras...

Mentes baleiras, grabadoras de discursos de elocuencias apabullantes...  

Mentes que non se miran ó espello, ese retrato traidor do reflexo que cada un constrúe segundo o medo que teñan de ver na oscuridade...








No hay comentarios:

Publicar un comentario