viernes



Deixarse levar, vivir
Non existen xa,  marcas nesta carne xeitosa, non aparecen maritrios infrinxidos na procura dunha percepción paralela á que designaban aqueles que posuían o poder alienante e obstructor.
Esquecemento agradable, ése que resulta consciente, do que se pule, do masticado, unha e outra vez ata que se volta insípido.

EVOLUTION

Transmutación de organismo, ósos recubertos, envoltura axeitada...
nun lugar esquencido da xeografía medra a vida entre pulseiras de metal traballado sembradas nun momento de inflexión, entre o caos da expulsión...
terra, arame, auga doce que percorre as meixelas dun sentemento desposuido, brota, xermina unha marabilla de natureza salvaxe, indómita, fermosa... entrelazada. Semente metálica dun novo proceso, do aire que enche os pulmóns, axitando o ser... Orestes.

A domesticación é a primeira fase da escravitude.




No hay comentarios:

Publicar un comentario