Hai algo extrano nestes días... hoxe non foi un amencer terrible,
deses habituais desde fai moito tempo, desacougados e baleiros...non sei que brotou... pero sei que medrará...
supera tódolos rexeitamentos que lle poño
dáme unha labazada instintiva e alentadora, supérame a min mesma.
(...)
sen candados nin pechaduras
sen rémoras nin culpabilidades absurdas
sen temores arraigados e flaxelacións varias
sen nada máis co meu alento, mirando a un ceo aberto
pragado de enerxía en pleno proceso de descomposición.
Non sei que brotou nesta terra que eu cría extenuada pero...
medrará, medrará, medrará...
* pechamos este ciclo con ilusión e certeza de abrir un novo
** agradecida pola banda sonora de hoxe
No hay comentarios:
Publicar un comentario